Vivac é un estudio.
Vivac é un aula.

Vivac e un espazo compartido de traballo e un aula de formación no popular barrio dos Mallos.

VIVAC É UN ESTUDIO

En Vivac convivimos persoas con diferentes traballos, case todos de relacionados coa creatividade. Dedicamonos ao deseño gráfico, deseño web, deseño de usabilidade, ilustración, debuxo de BD, animación 2D e motion graphics, e tamén ao sector inmobilirio.

O noso espazo ten 8 postos de traballo cun prezo de 65€ ao mes.

+ INFO SOBRE O ESTUDIO

ESTAMOS EN

Av. dos Mallos 56, entreplanta. 15007 — A Coruña

No barrio dos Mallos

 

VIVAC É UN AULA

En Vivac tamén facemos cursos creativos.

Se queres aprender procesos de debuxo, como facer banda deseñada, as bases do deseño gráfico ou software para desenvolver as túas habilidades artísticas, este é o teu espazo de referencia nos Mallos.

Consulta a nosa programación de cursos na sección de Aula.

+ INFO SOBRE A AULA

CURSOS EN ACTIVO

Vivac Estudio somos

  • Bernal Prieto

    Ilustración, deseño e animación 2D

  • Bea Macía

    Deseño UX e UI

  • Uxío Broullón

    Deseño, ilustración e web

  • Luis Cao

    Xestor inmobiliario

Servizo de sede

  • Funcionamos como sede social de distintas entidades

    Vivac ofrece a posibilidade de ser a sede social da túa organización; isto significa que terás as seguintes vantaxes:

    - Espazo de almacenaxe
    - Xestión de materiais
    - Posibilidade de organizar reunións no local
    - Xestión do teu correo postal

    Consulta as condicións segundo as túas necesidades de espazo

  • AGPI

    Somos sede da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.

  • A.C. Autobán

    Funcionamos como sede social da Asociación Cultural Autobán.