Sen medo ao lápiz!
CLASES DE DEBUXO PARA ADULTOS
Ao longo dos meses abordaremos temas esenciais como son o trazo, a composición e a cor, acompañados de exemplos de artistas de diferentes épocas e combinando técnicas tradicionais con experimentos e xogos.
HORARIO. Mércores de 18:30 a 20:00 h.
DURACIÓN. Curso regular ata xuño, de 1,5 horas á semana.
NIVEL. Iniciación, o alumnado non ten que ter coñecemento previo de debuxo.
IMPARTE. Julia Abalde
-
Un curso pensado para gozar debuxando, no que combinaremos métodos tradicionais con xogos e experimentos.
Profundizaremos no coñecemento da cor e a composición na creación de imaxes, comentaremos exemplos de obras de artistasc experimentaremos con técnicas variadas: grafito, tinta, acuarela, collage…
-
A todas as persoas interesadas no eido do debuxo, que queran aprender a desenvolver a súa capacidade de representar e comunicar mediante imaxes, xa sexa para ilustrar contos ou historietas, ou para adquirir coñecementos esenciais aplicables a ámbitos diversos como a fotografía, o deseño e a moda.
-
Non é preciso nada, só ter ganas de experimentar e aprender.
-
Julia Abalde (A Coruña, 1988), é unha ilustradora e educadora con ampla experiencia no desenvolvemento de actividades artísticas educativas.
Licenciada en Belas Artes e cun máster en ilustración e outro en docencia, ó longo da súa traxectoria sempre mantivo un enriquecedor equilibrio entre a produción artística e a súa paixón pola educación, dando froito a numerosos proxectos híbridos entre as dúas disciplinas como son o xogo Pin Tam Pon, o libro ¡Tris, tras! Cuentos y actividades para imaginar, crear y jugar e numerosos obradoiros en bibliotecas e institucións culturais como a Fundació Miró ou o Museo Picasso de Barcelona.
Tamén é co-creadora do curso Técnicas de estampación para niños na plataforma Domestika.
50€ / 45€*
*Desconto a persoas socias de AGPI e Autobán.
O curso inclúe un café ou infusión con galletiña en cada sesión.
Podes inscribirte enchendo o seguinte formulario…
Recibirás unha resposta o máis rápido posible

